Tipo de modulación das ondas sonoras que permite unha boa calidade nas emisións de radio
Etimoloxía
Frase composta por “frecuencia” do latín frequentia ‘afluencia’ e “modulada” desde o participio pasado latino modulatus ‘medido’.
Exemplos *
“En Fene ( A Coruña ) existe a experiencia de conflictos laborais continuados con escasa repercusión nos medios informativos, que sorprendentemente, alcanzan maior relevancia neses "teóricos espellos da sociedade" a raíz da instalación dunha emisora de frecuencia modulada por parte do Concello.” (Henrique Sanfiz Raposo: Pública e Local. Radio municipal en Galicia. 1993)
“Galicia pecha o mapa radiofónico cun sistema de 106 emisoras de radio comerciais _ 11 en onda media e 85 en frecuencia modulada _, das cales a maioría _ 77 emisoras _ foron outorgadas polos tres gobernos autonómicos que exerceron as súas competencias en materia de radiodifusión.”(Xosé Ramón Pousa Estévez: Tempos Novos, 5-1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.