fregas

Operación que consiste en fregar coas mans ou coa axuda de aparellos especiais algunha parte do corpo, con fins terapéuticos ou simplemente para relaxar os músculos

Etimoloxía

Termo que resulta de acurtar o verbo “fregar” que bebe do equivalente latino fricare cun significado semellante.

Exemplos *

“Repetiu aquela operación en todos os bubóns que atopou, e despois pediulle que lle dera fregas polo resto do corpo con aquel linimento.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

“Outros empregaban aceite de linaza e outra solución con follas quentes de eucalipto no peito. A iso podíase engadir tamén fregas de alcohol alcanforado por todo o corpo para as dores de ósos.” (Guillermo Llorca Freire: Ferrol: memoria da vida cotiá, alimentación, oficios, tempo de lecer, tempo de fogar, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.