freixa

Desnivel brusco ou pronunciado no leito dun río onde se precipita a auga

Etimoloxía

Termo que procede do céltico *fruestia de significado semellante.

Exemplos *

“A vexetación vese alterada pola desaparición do bosque de ribeira, e a paisaxe transformada co adeus ás freixas tan características en moitos dos nosos ríos, coa degradación da paisaxe do contorno de castelos e mosteiros situados a carón dos ríos.” (Xosé Lois Ripalda: O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia, 2009)

“Abríase unha pequena ría á súa esquerda, como a un quilómetro da ponte, un entrar da auga na liña da ribeira, aproveitando a freixa que a cachón caía monte abaixo.” (Francisco X. Fernández Naval: Sombras no labirinto, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.