freixó

Doce para sobremesa que se fai con ovos leite ou auga e fariña todo mesturado formando un amoado que se frite nunha filloeira e ao que se lle pode engadir logo azucre, mel etc.

Etimoloxía

A orixe desta palabra é descoñecida.

Exemplos *

“Á merenda aproveitábase o sobrante do xantar, o mesmo que na cea, aínda que nesta podíanse comer freixós a base de fariña de millo feitos na tixola.” (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan, 2008)

“(...) adoita lambiscar unha ducia de doces das monxas de Santa Clara, catro tartas de Mondoñedo recheas de améndoas e cabelo de anxo e mais catro ou cinco ducias de filloas azucradas ou freixós con canela e mel.” (Daniel Cortezón: Alí Ben Mangato e mailo seu cabalo branco chamado Beliador, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.