freo

Dispositivo para moderar ou deter o movemento dunha máquina ou dun vehículo.

Etimoloxía

Procede do latín frenum 'bocado, freo'.

Exemplos *

"Por aforrar "gas" non prendera o motor e viña confiado no freo ata que se deu conta de que lle estaba fallando". (Xavier Alcalá: O Larvisión e outros relatos)

"Rosa pisou instintivamente o freo, pero o coche non respondía, esvaraba xa coma un madeiro a mercede das augas." (Xosé Antonio Moreno: O cable inglés)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.