Frío do ambiente
Etimoloxía
Palabra que se forma sobre “frío” que procedo do latín frigidus, -a, -um que ten significado semellante.
Exemplos *
“Sentamos nun banco e conversamos mirando o Anllóns, ata que a friaxe da madrugada nos convidou á retirada.” (Ramón Vilar Landeira: Contos de taberna / A noite que Van Morrison cantou en Carballo, 2014)
“Era unha excelente atalaia desde a que se divisaba todo o val de Valverde, ben encaixado entre as montañas penedías que o resgardaban da friaxe da travesía e dos ventos chuviñentos do vendaval.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.