frieira

Pequena inflamación da pel que aparece principalmente nas mans, nos pés e nas orellas, a causa do frío

Etimoloxía

Vocábulo derivado sobre a voz “frío” que vén do latín frigidum de significado semellante.

Exemplos *

“Frío, esa é a sensación que mellor resume a súa infancia, e tamén a dor das frieiras nas plantas dos pés que lles producían as botellas de gasosa cheas de auga quente que cada noite levaban para a cama.” (Celia Díaz Núñez: Unha verdade amarga, 2017)

“Os cativos aturabamos tormentos, como as frieiras, co seu proído insufríbel, que obrigaban a rañar nelas até facernos sangue, maiormente nas orellas e nas mans.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.