friento, -a

Moi sensible ao frío

Etimoloxía

Termo que deriva destoutra “frío” que che desde o latín frigidum de significado semellante.

Exemplos *

“Por eses camiños escuros que levaban ás aldeas onde nacera Maruxa e o teu avó, era por onde marchaban no inverno, frientos e mollados, os homes que entraban no café, desafiando o tempo e a noite como viaxeiros doutros mundos, e que falaban cada vez máis alto a medida que ían quecendo coas copas de caña.” (Xavier Lorenzo Tomé: O paxaro que canta un nome, 1996)

“As tardes de final de outono caían breves na vila, nocturnas desde ben cedo, frientas e co seu senso perdurable de tódolos anos.” (Xosé-Manuel Casado: O inverno do lobo, 1986)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.