Electrodoméstico dotado dun sistema frigorífico, utilizado para conservar alimentos, para manter frescas bebidas etc.
Etimoloxía
Palabra que remite ao latín frigorificus que significa ‘que arrefría’.
Exemplos *
“Tiña tres plantas ben grandes que acabaron convertidas en almacéns nos que era posible atopar dende unha estación de tren de xoguete ata frigoríficos estartelados e moreas de bolsas atacuñadas en caixóns e andeis.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)
“Pódese desalgar na casa, pondo os toros nun recipiente con auga fría para logo introducilo no frigorífico, así desalga de xeito máis homoxéneo mesmo a rentes da espiña, se a houber.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.