friorento

Moi sensible ao frío

Etimoloxía

Vocábulo formado sobre o substantivo “frío” que bebe no latín frigidus ‘frío’, ‘morto’ ou ‘cheo de medo’.

Exemplos *

“...fora quen fose o que estivera á porta que tirase para dentro que naquel momento estaban a botar a auga fervida polo pucho do café. Non puiden desprezar a invitación, pois o ceo estaba aberto e prometíase unha noite friorenta de xeada.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova, 2000)

“Non lles fora mal , pese aos vaivéns da vida. Quen lles ía dicir, cando vivían en Buenos Aires, que rematarían na friorenta capital do sur.” (Vanesa Santiago: A vida sinxela de Marcelo Firmamento, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.