frisón

Lingua xermánica que se fala en Frisia e en zonas de Alemaña e Dinamarca

Etimoloxía

Palabra que deriva desde o topónimo Frisia.

Exemplos *

“E continuou insultando e dando ordes á tripulación, agora no seu maldito dialecto frisón.” (Xosé Ramón Pena: O reverso do espello, 1984)

“O estado federado xermano estuda facer co-oficiais tres idiomas propios que se falan nesa zona: o frisón, o danés e o baixo-alemán.” (A. V.: Nós Diario, 29-4-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.