fritada

Conxunto de alimentos fritos

Etimoloxía

Vocábulo que se crea sobre o participio pasado “frito” que vén do latín frictus, -a, -um ‘frixido’.

Exemplos *

“Prodixiosa a fritada de peixe en pirixel e allo, celestial o prato de cervo asado co puré de mazá, patacas e grelos!” (Heide Kühn-Bode: Tres mulleres do seu tempo / I. Brigantia, a pintora de San Roque, 2009)

“Nunha festa, rachada ou larada, faise na tixola unha fritada de peixes, que eles chaman simplemente frito. Outros pratos que come moito o mariñeiro son sardiñas con cachelos (patacas cocidas coa pela), caldo e empanada, sobre todo de sardiñas.” (María do Carme Panisse: Vida mariñeira de Sada en Verba 1, 1974)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.