Calidade ou estado de frío.
Etimoloxía
Deriva de frío, que vén do latín frigidus 'frío'.
Exemplos *
"A friúra da auga fai que Suso esqueza a dor da caída e nade cunha forza nova para entrar en calor." (Antón Riveiro Coello: Homónima)
"Quedara durmida sen abrir antes o botón da calefacción.
O cuarto estaba teso de friúra." (Úrsula Heinze: Remuíños en coiros)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.