frívolo, -a

Que só se dedica a cousas sen importancia, que toma á lixeira ou en broma as cousas serias, ou que manifesta esa actitude / Que non ten moita seriedade ou moita importancia

Etimoloxía

Palabra que vén do latín frivolus, ‘sen substancia’.

Exemplos *

“Atopaban especial divertimento en remarcar algúns episodios frívolos e en engrosar a capricho a lista dos seus amantes, por moito que ela, Frida, a secretaria vella, asegurase que non eran nin a terceira parte do que contaban.” (Xabier López López: O caderno, 2001)

“"Se renunciara ó meu lado frívolo, morrería", sinalou onte a escritora e periodista Elvira Lindo, segundo a cal "as persoas que me acusan de telo, teñen razón" xa que sen esa frivolidade "no me soportaría".” (E.P.: O Correo Galego, 25-5-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.