Tenda onde se vende froita
Etimoloxía
Palabra derivada sobre estoutra, “froita” do latín tardío fructa, plural de fructum 'froito'.
Exemplos *
“Merco cereixas nas froitarías e nos cruzamentos das estradas coma quen merca madalenas de Proust, catalizadores de lembranzas, marcha atrás dos reloxos importada do Bierzo ou do Jerte.” (Marica Campo: Diario de Pontevedra, 2-6-2023)
“Nas Rías Baixas normalizouse ver como un rapaz pasaba de traballar nunha froitaría a conducir un deportivo de 200 cabalos.” (Nacho Carretero: Fariña, 2019)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


