froito

Órgano vexetal, que aparece despois da flor e que segundo a especie pode ter tamaños e formas diversas.

Etimoloxía

Procede do latín fructus, -us, que, á parte doutros significados, tamén denominaba o órgano vexetal.

Exemplos *

"… acostumaban vir das casas veciñas, coas súas mellores galas, homes e mulleres (a maior parte anciáns), traendo de agasallo froitos do campo …" (Bernardino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes)

"… a temperatura media do planeta aumentou […], o que afecta xa ás especies animais (migracións, reprodución, etcétera) e ás plantas (adianto da floración ou do tempo dos froitos)." (Galicia Hoxe 16-02-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.