fronte

Superficie de contacto entre dúas masas de aire converxentes e de temperatura diferente.

Etimoloxía

Procede da denominación latina para a parte superior do rostro, frons, -tis.

Exemplos *

"Unha fronte fría que se desprace lentamente ten unha banda de precipitacións máis ancha ca unha que o faga rapidamente." (Ramón A. Rivas Lago: Manual marítimo-pesqueiro: Galicia)

"Borrasca. Depresión orixinada por aire quente e aire frío, como consecuencia dunha ondulación da fronte polar." (Xoán Castro Devesa: A meteoroloxía e os incendios forestais)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.