Pequeno mamífero carniceiro da familia dos mustélidos semellante á marta, de pelo castaño cunha mancha branca fendida no medio na papada, que se alimenta de roedores e de crías doutros animais que caza de noite
Etimoloxía
Denominación que bebe da equivalente francesa fouine. O nome científico do animal é martes foina.
Exemplos *
“oh pensamentos prohibidos que traban na gorxa / coa fereza da fuíña a crueldade do martagaño / e a carniceira sede de sangue de londras e de armiños” (Xosé Luís Méndez Ferrín: Estirpe, 1994)
“O raposo, (...) que xunto a outros pequenos carnívoros, como a fuíña e o tourón, cando as presas non eran abundantes nos biótopos naturais adoitaban facer estragos entre as aves de curral.” (Hortensio Sobrado Correa: Os animais domésticos na historia de Galicia, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.