Brillo intenso
Etimoloxía
Termo que bebe do latín fulgor, -ōris que ‘fulgor’, ‘esplendor’ ou ‘relampo’.
Exemplos *
“As últimas raiolas do astro rei roubaron un fulgor dourado aos monumentais péndulos que colgaban no exterior do edificio e daquela ocorréuseme unha idea.” (Tomás González Ahola: Da fría e distante estrela polar, 2016)
“Abandonado á sorte que ía rematar coa súa vida, co fulgor das primeiras luces dun abrente inzado da mesma mesta parrumada, foise quedando, quedando...” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.