funeraria

Empresa ou axencia que se encarga dos enterros

Etimoloxía

Palabra que chega desde o latín tardío funerarius ‘relativo aos funerais’.

Exemplos *

“Na funeraria pedíronlle un novo para asear o corpo, pero ela pensou que dentro dunha caixa de piñeiro, o seu marido non tiña por que aparecer elegante.” (Francisco Galván: As crendas de San Porfidio. Diario terapéutico dun esquizofrénico, 2012)

“Luís pediu o nome dalgunha funeraria da vila, pois non albiscara ningunha e non tiña tempo que perder.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.