fungalla

Anaco moi pequeno que se solta do pan ou doutros alimentos feitos con fariña, como as galletas ou os doces

Etimoloxía

Vocábulo derivado sobre o verbo “fungar” que ten orixe onomatopeica.

Exemplos *

“Aquela mesa da cociña era longa, estaba cuberta cun mantel de raias azuis e nela ían pousando as botellas medio cheas, as fontes inacabadas e as paneiras con fungallas de pan.” (Rosa Vidal: O inglés do iate, 2009)

“Ese día era festa. Ese día era o día en que todo canto por aquí pasaba deixaba unhas fungallas que saciaban por escaso tempo a fame e o frío dos que aquí quedaban.” (Suso Lista: Luzes, 5-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.