funicular

Tren que funciona arrastrado por un cable ou cadea, utilizado en zonas de montaña ou moi peadas

Etimoloxía

Termo que se tomou do francés funiculaire ‘que funciona con cordas’ creación sobre o latín funiculus ‘corda pequena’.

Exemplos *

“Nos Alpes só puideron fuxir do funicular en lapas unhas poucas persoas, nove pasaxeiros que tiveron a sorte de poder usa-las súas pernas para correr e deixar atrás o lume.” (Ana Vázquez: O Correo Galego, 13-11-2000)

“Polo Nadal mandara unha postal do Hotel Belvedere, no medio dun monte branco e con aqueles funiculares vermellos polo aire.” (Bieito Iglesias Araúxo: Vento de seda, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.