furancho

Local situado no baixo dunha casa ou nunha pequena bodega onde se vende o viño excedente da colleita e no que tamén se serve comida ou a levan os clientes

Etimoloxía

Termo que se forma a partir da raíz latina fura que significaba ‘cova’ ou ‘cavidade’.

Exemplos *

“Coma moitos ourensáns, naquela época iamos os domingos ata o furancho do Cuco para gozar da enerxía que saía daquela bodega, que era festa en estado puro.” (Diego Ameixeiras: Tempos Novos, 6, 2008)

“Hai documentos que datan a tradición de vender o viño caseiro excedente, os denominados furanchos, en catrocentos anos de antigüidade. Diso saben moito no sur de Pontevedra, nas zonas de Redondela, o Morrazo, o Salnés e noutras.” (Antón Fdez. Escudero: A Peneira, 6, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.