furgoneta

Pequeno vehículo automóbil para o transporte de mercancías.

Etimoloxía

Deriva de furgón, que veu do francés fourgon.

Exemplos *

“Anda todo o día encerellado coa furgoneta por eses camiños do demo, vendendo peixe.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado)

“A cociña estaba chea de luz branquiña coma os días de vendima pola mañá cedo cando baixabamos todos na furgoneta do papá a buscar as uvas.” (Antón Dobao: Incertos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.