furna

Gran cavidade natural aberta nas penas e rochas, sobre todo a producida pola acción do mar

Etimoloxía

A súa orixe é incerta e os estudosos dan orixes varias, para uns remite a fornix ‘bóveda’, para outros, procede de fornus ‘forno’.

Exemplos *

“O misterio en formas presentidas, as historias de reis antigos, de espectros malignos nacidos no máis fondo das furnas mariñas, todo aquel terror de trolls e trasgos, de seres que rosman na sombra, eses medos abrollan en Karen.” (Miguel Mato Fondo: Adeus, capitán Walton, 2018)

“Ninguén viu nin soubo nada, non sendo meu avó. Nunca máis se soubo de Xan e os seus fillos colleron tanto medo do mar e das furnas que non volveron a achegarse nin sequera á praia.” (Suso Lista: Charamuscas, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.