fuselaxe

Corpo central dun avión, en forma de fuso, onde está situado o habitáculo para a tripulación e os pasaxeiros e os compartimentos para a equipaxe.

Etimoloxía

Tomouse do francés fuselage, que remite ao latín fusus –i ‘fuso’.

Exemplos *

“… os restos atopados por un equipo de submarinistas franceses, a setenta metros de profundidade nas augas do Mediterráneo, pertencían á fuselaxe do seu avión.” (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)

“Os equipos de rescate, que reiniciaron os seus labores onte pola mañá, encontraron restos humanos entre os cascallos de tres casas destruídas e a fuselaxe do aparello.” (O Correo Galego 06-02-1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.