fuso horario

Cada unha das vinte e catro partes en que se divide a superficie terrestre para establecer a hora común a todos os puntos nela situados

Etimoloxía

Frase formada por “fuso” do latín fusus e o adxectivo “horario” que deriva de “hora” que bebe do grego hora ‘período de tempo’.

Exemplos *

“Os primeiros centros de votación abriron ás 11.00 GMT e os últimos fixéronos seis horas despois en Hawai e Alaska, dados os diferentes fusos horarios do país.” (E.S.: O Correo Galego, 8-11-2000)

“Nos Estados Unidos sería impensábel unificar o fuso horario para mellorar as relacións económicas entre California e Nova York.” (H. Vixande: A Nosa Terra, 21-12-2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.