fuso

Instrumento, xeralmente de madeira, de forma arredondada e alongada, que se estreita nas puntas e que serve para fiar facéndoo virar por un dos extremos de maneira que retorce a febra.

Etimoloxía

No latín a forma era fusus, -i e de aí vén a nosa denominación.

Exemplos *

“De tódolos traballos do liño, conservo recordo máis vivo da maza e da fía. Esta téñoa asociada, como dixen, ás noites do inverno, á danza do lume e do fuso.” (Xosé Alvilares: Memorial de agravios)

“A muller non me mira e desvía o seu ollar extraviado. Na casa non hai fuso de fiar, nin roca.” (Anxo Angueira: Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.