Conxunto de recipientes de madeira como os barrís, bocois, cubas, pipas, toneis etc., en que se envasa o viño dunha adega
Etimoloxía
Pénsase que é unha palabra derivada sobre “fuste” que remite ao latín fuste ‘madeira cortada’.
Exemplos *
“MOZA FRESCA, fresca moza, / nasces na bocarribeira / e, na fustalla, criadeira / coma seo de muller / que te agarima, a ferver / con ledicia e paseniño, / MOZA FRESCA, faste un viño / que é pracer pra o meu lecer.” (Florencio Delgado Gurriarán: “Gabanza da moza fresca”, Cantarena, 1981)
“Baldomero serviume un campano branco de Castela que baixou sen atrancos pola gorxa reseca dunha levantada. Xa máis de vagar, facendo o tempo para agardar polo crego, serviume un segundo que foi buscar á bodega onde garda a fustalla de pipas nas que vai baleirando os pelellos de viño para devolverllos ó comerciante de Cedeira sen que llos cargue na conta.” (Hixinio Puentes: Aguillóns de Ortegal, 2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.