fútbol

Deporte no que participan dous equipos de once xogadores cada un, que deben, sen valerse das mans e dos brazos, e utilizando especialmente os pés e a cabeza, introducir un balón na portaría contraria, salvando a oposición do outro equipo

Etimoloxía

Adaptación do termo inglés: foot-ball, ‘xogo de pelota practicado cos pés’.

Exemplos *

“Catro mestras e tres mestres , que paseaban xuntos arriba e abaixo mentres nós xogabamos ao fútbol , ou ás quedas , ou a indios e vaqueiros entre as árbores.” (Agustín Fernández Paz: O rastro que deixamos, 2012)

“Sei perfectamente, sabémolo ben, que poderiades , sen ningunha dúbida , destacar noutras actividades. Ou , simplemente, poderiades ocupar o tempo, que sei eu, no fútbol, no baile... en calquera clase de lecer.” (Ramón Pena: Como en Alxeria, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.