futbolista

Persoa que practica o deporte do fútbol, por afección ou como profesión

Etimoloxía

Vocábulo que se forma sobre o termo “fútbol” que é unha adaptación da palabra inglesa foot-ball, a denominación orixinal do deporte.

Exemplos *

“O futbolista púxose a xogar ó balón el só, mais resultaba cousa aburrida de morte e non podía gañar nunca, polo que volveu ó equipo.” (Gianni Rodari: “Ditos antigos”, Contos ó teléfono [trad. Xela Arias], 1986)

“Hoxe en día, contamos con futbolistas que xogan moi ben ó fútbol, temos un adestrador polo que eu confeso unha admiración sen límites e, asemade, a directiva tivo moito tino coas fichaxes.” (Xesús Flores e Xosé Mejuto: Historia do Deportivo, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.