O tempo que ha de vir
Etimoloxía
Termo que chega desde o latín futurum co mesmo significado e que é a substantivación do adxectivo futurus, -a, -um ‘que ha de ser’.
Exemplos *
“Morales traballou intensamente en prensa durante os anos 20 e 30 (...). Foi sobre todo xornalista cultural e tivo, ademais, unha destacada visión de futuro. Un dos xéneros nos que Morales estaba especializada era no de escribir sobre a industria do cine.” (Raquel C. Pico: Disquecool, 28-1-2020)
“As mulleres da selección galega de Fútbol Gaélico quedaron ás portas da final do Mundial que se celebra en Irlanda (...). Así e todo, a participación galega no Mundial de Fútbol Gaélico deu para pódium e para visibilizar un deporte e unha selección cun futuro cada vez máis prometedor.” (Redacción: Espazo Aberto. Nós Televisión, 1-8-2019)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.