fuxidío, -a

Que dura pouco, que pasa con rapidez.

Etimoloxía

Derivado do verbo fuxir e este procedente do latín vulgar fugire que á súa vez vén do clásico fugere 'fuxir'.

Exemplos *

"Policarpo contáballes historias tristes: os amores fuxidíos, os mortos enterrados que tanto significaron para eles" (Xosé Carlos Caneiro: Ébora)

"Berraba coa desesperación dos tolos que ignoran que o tempo, como un amante fuxidío e infiel, sempre evita o lugar da súa anterior cita." (Antonio Rodríguez Baixeras: O rei dos ameneiros)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.