gabardina

Peza de roupa de abrigo lixeira e longa, feita de tecido impermeable, que se pon por riba do resto da roupa para protexerse fundamentalmente da chuvia

Etimoloxía

Pénsase que vén do castelán, por un cruzamento de “gabán” e tabardina, diminutivo de “tabardo”, ‘prenda de abrigo ancha’.

Exemplos *

“Botou o maletín nos asentos de atrás e sentou sen tirar a gabardina.” (Manuel Núñez Singala: Menú de enganos, 2010)

“Andaba polos cincuenta anos e ía tocado con sombreiro cordobés, gabardina case todo o ano e botas campeiras.” (Ánxel Vázquez de la Cruz: Luz de tebra, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí