Embarcación de fondo plano, xeralmente cuberta, que se usa especialmente nos ríos para transporte de mercadorías / Embarcación pequena de fondo chato, destinada á carga e descarga nos portos
Etimoloxía
Voz recollida da equivalente de éuscaro kabarra.
Exemplos *
“O estaleiro acollía maiormente barcos pequenos de pesca, coma gamelas, vacas de arrastre, palangreiros cativos, mesmo chalupas, sen rexeitar tampouco as gabarras nin os veleiros que asomaban de cando en vez.” (Marcelino Fernández Mallo: Cabilia, 2005)
“Ás veces , por abundancia de xurelo ou de sardiña , había que ir busca-las pequenas gabarras e transporta-lo peixe para as fábricas .” (Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro, 2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


