Especie de caixa corrediza e sen tampa, que vai axustada a un oco en certos mobles, como armarios, mesiñas etc.
Etimoloxía
Denominación que procede da italiana gavetta.
Exemplos *
“Gardaba na gabeta máis rebelde do seu chineiro, ademais dunha cunca de caldo para quentarlle o peito, un codecho de cariño para quecerlle a alma. E o Roi nunca tal tivera.” (Rosa Aneiros: Corazóns amolecidos en salitre, 2002)
“Todo está aínda como ela o deixou, cada cousa no seu sitio. E agarima os chales de fío e os panos de seda que talvez algún día adornarán o seu pescozo. Cando era nena penetraba ás agachadas neste cuarto e espiaba nas gabetas.” (Celia Díaz Núñez: Unha verdade amarga, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.