gabia

Banda lonxitudinal situada á beira dunha estrada, en pendente ou con forma de canle, que permite a recollida e canalización das augas pluviais

Etimoloxía

Termo que procede do latino cavea 'cavidade', 'foxo'.

Exemplos *

“Collera a Nacional VI, a súa Nacional VI, a que percorrera tantas veces na época en que empezara en Radio Nacional de Madrid para visitar a familia. Pasara un cuarto de hora e chovía aínda, cando detivo o Rover na gabia da N-VI máis achegada ó cartelón de neon vermello que anunciaba Continente.” (Jaureguizar: As horas sucias, 2001)

“A tendencia a non cambiar os pastos da Telleira por outros máis gorentosos e abundantes. Tiroume unha vez na gabia da estrada cando intentei desvialo polo camiño da Veiga de Andrade para que arrentase os canotos da ferraia segada.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.