gacela

Animal mamífero da suborde dos ruminantes, moi estilizado e áxil de movementos, cos ollos grandes, cornos curvos a modo de lira, rabo curto e pernas moi finas, do que existen numerosas especies

Etimoloxía

Denominación que procede do latín científico Gazella pero que remite ao árabe hispánico gazêla de significado semellante.

Exemplos *

“Tamén é a terra do león , ou dos fatos de antílopes , dos gamos vermellos e das gacelas, tan elegantes e rápidas que só o guepardo as pode adiantar.” (Miguel Seoane García: O Correo Galego, 12-11-2000)

“Un leopardo son que lese a Bíblia; / agachado entre a erba dos meus soños, / esculco os teus acenos de gacela.” (Ricardo Carvalho Calero: Futuro condicial (1961-1980), Ediciós do Castro, 1982)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.