gacio, -a

De cor entre verde a azul.

Etimoloxía

Non se coñece a súa orixe.

Exemplos *

"Os ollos gacios do pescador observan a liña que, desde a punta da cana, penetra verticalmente na tona gris chumbo das augas." (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana)

"… cuns intensos ollos gacios refulxindo na penumbra do salón, asentiu desde o seu butacón cabo da cheminea …" (L.C. Carballal: Historias non irreais)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.