gaélico

Grupo de linguas célticas insulares que comprende o irlandés, o escocés e o dialecto da illa de Man

Etimoloxía

Xorde desde o inglés Gaelic

Exemplos *

“Hugh Cheape (Worcester, UK, 1947) lanza a súa ollada ao Atlántico para atopar respostas. Estudoso de todo o escocés, agora adica as súas horas a ensinar gaélico na Illa de Skye, nas Hébridas Interiores.” (Adrián Vilas: Luzes, 1-2016)

“As linguas oficiais da Unión Europea son 11 (...). A estas linguas témoslles que engadir outras que se falan en certas rexións dos Estados membros como: O gaélico en Irlanda; lapón en Suecia e Finlandia...” (Xesús Corbacho: O Euro e a Construcción Europea, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.