gag

Efecto cómico que xoga co factor sorpresa para provocar a risa, nun espectáculo teatral, cinematográfico etc.

Etimoloxía

Termo que bebe do inglés gag ‘chiste’ ou ‘broma’.

Exemplos *

“Nese principio, Homo Zapping foi unha proposta capaz de darlle unha segunda volta á táctica das imitacións, indo varios quilómetros máis alá do politicamente correcto ata rematar por crear un estilo propio ben apoiado nun equipo talentoso cunha complicidade perfecta para converter calquera gag en pura dinamita cómica.” (Xabier Sanmartín: Galicia Hoxe, 2-3-2007)

“Non é que non me guste a súa concepción do cinema, a súa deserción do gag visual ou a súa insoportábel deriva cara a solucións formais herdadas do mundo literario, ou a súa incontíbel carga de diálogos... Todo isto non importaría demasiado. Sería só a opinión que alguén pode ter sobre a natureza do proceso da creación dun artista do cinema.” (Celso X. López-Pazos: A Nosa Terra, 24-10-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.