Paxaro da familia dos córvidos, de cor parda con tons azuis, brancos e negros nas ás, rabadilla branca, rabo negro e carapucha riscada de branco e negro
Etimoloxía
O termo procede do latín tardío gaius co significado semellante e que remitía ao nome propio Gaius.
Exemplos *
“Estou seguro de que o gaio se deixaría morrer antes de permitirme tocarlle ás súas crías. Foi outra lección que recibín. A do gaio e a da lavandeira.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia / A fábula da lavandeira e mais do gaio, 2013)
“O gaio, un, un pequeno córvido duns 30 centímetros de longo, moi común en Galicia, que adoita agochar a súa comida. Un curioso comportamento que nos lembra ao que coñecemos dos cans, pero a súa maneira de agochar vai moito máis aló do enterramento automático dos cánidos...” (Jorge Mira: A ciencia no punto de mira/ Os humanos non son os únicos que planifican o futuro, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.