Que atrae pola súa simpatía, polo seu encanto etc.
Etimoloxía
Vocábulo derivado sobre “gaiola” que bebe do termo latino caveola, diminutivo de cavea ‘cavidade’ ou ‘recinto’.
Exemplos *
“Mais ela, coa súa enxeñosa intuición, lía nas olladas de Miguel, ás veces fixas e gaioleiras, os seus sentimentos. Parecíalle un xove nobre e agarimoso.” (Manuel Rodríguez Troncoso: Raíces rurais, 1996)
“Noah Solloway ten algo de gaioleiro e algo de pintamonas. É tan normaliño el, ai, que non podería ser máis arrepiante.” (Anxo F. Couceiro: Luzes 25, 6-2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.