gaita

Instrumento musical de vento que consta dun fol, que se enche soprando, e de varios tubos de madeira por onde sae o aire ao premer o fol entre o brazo e o costado

Etimoloxía

Pénsase que podería vir do gótico *gaits ‘cabra’ por ser a pel deste animal coa que se elabora o fol.

Exemplos *

“...decidiran ese verán achegarse a Hío para participaren da misa cantada e da procesión , e veren os dezaseis danzantes, entre os que había cinco nenos facendo de damas , interpretando a Danza dos Peregrinos ao son dunha caixa, unha gaita e as castañolas.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

“Víaos dispersarse xa, camiño dun adro envurullado polo son das gaitas, e mollou a almofadiña na caixa de pos Gal. A seguir, deu un pouco de colorete nas meixelas e estirou a blusa e desengurrou a saia. Ata que foi un bolero, camiñando.” (Luís Rei Núñez: Días que non foron / Báñate comigo (teoría e práctica), 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.