Persoa que toca a gaita
Etimoloxía
Palabra derivada sobre o substantivo “gaita”, pénsase que a súa orixe está no gótico gaits ‘cabra’ porque se empregaba a súa pel para elaborar o fol.
Exemplos *
“Gaiteiros de Montgomery, irmáns na raza anterga: / Un ensoño saudoso de verdes e de névoas / -druídicas lembrazas, follosas carballeiras- / ao deserto, adugades, de queimantes areias.” (Florencio Delgado Gurriarán: Galicia infinda, 1963)
“Alma de buxo reflicte a importante evolución dunha muller que xa dende cativa se sentiu moi atraída pola música tradicional, e que arestora podemos considerar como unha das mellores gaiteiras do panorama musical galego, e do mundo.” (María Xosé Gómez: O Correo Galego, 30-10-2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


