galán

Personaxe ou actor principal de teatro ou de cine, xeralmente de boa aparencia e excelentes calidades

Etimoloxía

Adaptación do vocábulo francés galant ‘elegante’.

Exemplos *

“Aínda que o galán francés non rodou ningunha película relevante nos últimos 20 anos (...)” (Juan Carlos Barrena: O Correo Galego, 18-02-1995)

“(...) asemellábase asombrosamente ao doutor Gannon, o fantástico galán protagonista dunha exitosa serie televisiva de médicos e hospitais.” (Xosé Ramón Pena: A era de Acuario, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.