Conceder un galardón a alguén
Etimoloxía
Palabra que toma como base estoutra “galardón” que vén do xermánico *withralaun ‘recompensa’.
Exemplos *
“Un premio que só se entende se o que se quere é galardoar máis unha vez esta etapa madura do antigo vaqueiro almeriense.” (A.N.T. A Nosa Terra, 3-3-2005)
“...paseos estéticos xunto aos representantes da Escola de Vallecas, da viaxe a París onde coñece a André Bretó, Pablo Picasso ou Joaquín Torres García, das escenografías, dos interesantes debuxos para as cerámicas, dos recoñecementos e dos centos de escritos en xornais que a acompañaban e galardoaban.” (Xosé Manuel Lens: Tempos Novos, 10-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.