galardón

Recompensa que se lle concede a alguén por algún mérito.

Etimoloxía

De orixe controvertida, é obxecto de distintas propostas.

Exemplos *

"Os concursantes tamén o saben e quererán recibi-los seus galardóns ben envolveitos e fóra de riscos…" (Paco Martín: Das cousas de Ramón Lamote)

"Ademais, basicamente concordaba co carácter político e non estritamente literario do galardón." (Xavier Queipo: Papaventos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.