galaxia

Cada un dos sistemas do Universo constituído por un vasto conxunto de estrelas, outros astros e materia cósmica, que se mantén unido pola gravidade

Etimoloxía

Tomado desde o latín galaxias ‘vía láctea’, pero xorde do grego galaxías 'círculo de leite', derivado de gála, gálaktos 'leite'.

Exemplos *

“O noso é un planeta insignificante dentro da galaxia, e dentro do Universo, sendo polo tanto máis que previsible que exista multitude de planetas, como este, no que exista este líquido acuoso e onde tamén exista vida.” (Xaquín Penas Patiño: A arca de Noé. Elementos de Oceanografía e Bioloxía mariña, 2006)

“Estes requisitos reducen enormemente o número de candidatos, pero a cantidade de planetas existentes só na nosa galaxia é tan grande que quizá non falten os axeitados.” (Pedro José Carcajosa Arroyo: Dos quarks á próxima extinción. Unha viaxe fascinante pola historia do Universo e da vida, 2012).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.