galego

Idioma falado en Galicia e nas zonas próximas de Asturias, León e Zamora

Etimoloxía

O nome da lingua procede do termo latino gallaecu que era a denominación que lle outorgou Plinio aos habitantes da Gallaecia.

Exemplos *

“Para a esistencia dun galego ideal facíase preciso o coñecimento previo do galego real. Para a promoción do galego escrito era preciso o estudo sistemático do galego falado.” (Ricardo Carballo Calero: “Modalidades do galego” en Sobre a lingua e a literatura galega, 1971)

“O galego de Manuel Antonio acentúa o diferencialismo con relación ao castelán; pero por outra parte refuga dos rasgos fonéticos propios da fala rianxeira, como o seseo e gheada. A palabra ronsel é descoñecida en Rianxo, onde se usan ardentada ou estela.” (Ricardo Carballo Calero: Historia da literatura galega contemporánea, 1975)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.